En 2013, a Xunta de Galicia creou a figura do Embaixador de Honra do Camiño de Santiago
Embaixadores de Honra e Expertos do Camiño
A figura do Embaixador de Honra
Unha distinción outorgada pola Xunta de Galicia que distingue o labor de persoas ou institucións en defensa do Camiño e dos seus valores.
En 2013, a Xunta de Galicia creou a figura do Embaixador de Honra do Camiño de Santiago. Con esta iniciativa, o Goberno galego distingue, desde o 2014, o labor das persoas físicas ou xurídicas que contribuíron de maneira especial ao coñecemento e á divulgación do Camiño, así como da cultura e dos valores xacobeos.
Existen dúas categorías de Embaixador de Honra do Camiño, ambas con carácter vitalicio e exclusivamente honorífico: a categoría a título persoal e a categoría de carácter institucional
Existen dúas categorías de Embaixador de Honra do Camiño, ambas con carácter vitalicio e exclusivamente honorífico: a categoría a título persoal e a categoría de carácter institucional.
A presentación de propostas de candidatos para o título poderá realizarse ao longo de todo o ano. E os embaixadores comprometeranse a colaborar na programación cultural anual da Xunta de Galicia con, polo menos, unha acción ou actividade para divulgar os valores humanos e sociais, culturais e espirituais do Camiño.
Así mesmo, poderán concederse como máximo oito títulos de embaixador vitalicio en cada categoría, correspondentes ao número das oito rutas históricas do Camiño de Santiago.
A entrega das distincións levarase a cabo no mes de outubro de cada ano e coincidirá co día en que o Camiño foi declarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa en 1987.
Cantos e quen son os Embaixadores de Honra do Camiño
Ata o 2015 son tres os distinguidos: o rei de España, Filipe VI; o ex adestrador da selección española de fútbol, Vicente del Bosque, e mais o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy.
A Xunta de Galicia recoñeceu, ata o 2016, tres Embaixadores de Honra do Camiño de Santiago: o primeiro deles é o actual rei de España, Filipe VI, cando era príncipe de Asturias; o ex adestrador da selección española de fútbol, Vicente del Bosque, e mais o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy Brey.
A concesión é de carácter vitalicio e recoñece a contribución ao coñecemento e á divulgación do Camiño de Santiago no mundo
En todos eles, o Goberno galego recoñeceu unha contribución especial ao coñecemento e á divulgación do Camiño de Santiago no mundo.
O Comité Internacional de Expertos do Camiño
Nace en 1992 para asesorar a Xunta de Galicia nos campos científico e cultural relacionados co Camiño de Santiago.

O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago nace en 1992, véspera do primeiro Plan Xacobeo do Goberno galego impulsado para o ano santo 1993. Era necesario crear un grupo de investigadores e expertos de prestixio internacional que asesorasen a Xunta de Galicia nos campos científico e cultural do Camiño de Santiago: itinerarios, publicacións, centros de estudos, congresos, exposicións…
Paolo Caucci von Saucken é o presidente dun comité integrado por outros oito especialistas de recoñecido prestixio mundial
Unha das publicacións consolidadas co impulso do Comité de Expertos foi a revista de investigación xacobea Ad limina, cun carácter multidisciplinar e multilingüe e que edita desde 2010 a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo (desde 2015, coeditada con Turismo de Galicia).
Así mesmo, o labor do comité permitiu manter en activo centros de estudos xacobeos no estranxeiro, como o Centre d’Etudes Compostellanes de París e o Centro Italiano di Studi Compostellani di Perugia.
Os integrantes, xunto a Paolo Caucci von Saucken, do Comité de Expertos, son Manuel Castiñeiras González, Klaus Herbers, Fernando López Alsina, Adeline Rucquoi, Segundo Leonardo Pérez López e María José Azevedo Santos.
- Ad Limina Vol I (2010) PDF / 6766 KB
- Ad Limina Vol II (2011) PDF / 5015 KB
- Ad Limina Vol III (2012) PDF / 4369 KB
- Ad Limina Vol IV (2013) PDF / 6199 KB
- Ad Limina Vol V (2014) PDF / 10240 KB
- Ad Limina Vol VI PDF / 9430 KB