Itinerario Ecuestre
Vía da Prata - Camiño Mozárabe
O itinerario ecuestre ten unha lonxitude total de 236,6 km, e coincide co actual Camiño de Santiago - Vía da Plata, salvo pequenas alternativas ecuestre. O trazado pasa polas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña, dende o concello de A Mezquita ata o de Santiago de Compostela.
Dende o 5 de OUTUBRO de 2017 conta coa homologación da Real Federación Hípica Española (RFHE), rexistro número IE-016.
O itinerario esta sinalizado con paneis informativos en cada unha das etapas, postes de dirección e de seguimento, colocación de placas informativas e postes metálicos, así como señalización horizontal homologada por la RFHE.
1ª ETAPA
A CANDA (A MEZQUITA) // A GUDIÑA
17 KM
Itinerario Ecuestre
O Inicio desta etapa atópase na Portela da Canda (1281m de altitude) e pasa polos concellos da Mezquita (núcleos da Canda, A Vilavella e O Pereiro) e A Gudiña ( O Canizo e A Gudiña) Á saída de O Canizo atópase unha alternateva ecuestre debidamente sinalizada, que non coincide co itinerario peonil sinalizado. Salvo este tramo, o resto do trazado segue as indicacións do Camiño de Santiago a pé. Compre tomar precaucións nos tramos empedrados e con forte desnivel.
2ª ETAPA
A GUDIÑA // LAZA
37,2 KM
Trátase do tramo máis longo do Camiño de Santiago - Vía da Prata - Camiño Mozárabe. Presenta dúas alternatevas con respecto ao camiño a pé. A primeira atópase na saída da Gudiña, onde se seguen as marcas especificas da alternativa ecuestre chégase A Venda da Capela, onde se une de novo co trazado a pé do Camiño de Santiago. A segunda alternativa atópase ao final da etapa, moi preto de Laza. Durante todo este tramo compre ter en conta os desniveis existentes.
3º ETAPA
LAZA // XUNQUEIRA DE AMBÍA
35 KM
Á saída de Laza atópase unha alternativa ecuestre de 1,7 Km, debidamente sinalizada. Salvo este tramo, o resto do trazado coincide coas indicacións do Camiño de Santiago a pé. Hai que tomar precaucións no tramo de Tamicelas – A Alberguería e no do Veredo – Vilar de Barrio, por mor do desnivel existente.
4ª ETAPA
XUNQUEIRA DE AMBÍA // OURENSE
16,2 KM
Este tramo discorre polo trazado do Camiño de Santiago a pé. Presenta un trazado descendente que conduce ata Ourense pasando os núcleos de Salgueiros, Pereiras e Reboredo. Á entrada de Ourense existe un trazado alternativo ecuestre que permite chegar ata o río Miño, evitando as principais vías de circulación da cidade. Extremar a precaución na zona de baixada ao río Miño.
5ª ETAPA
OURENSE // SAN CRISTOVO DE CEA
31,6 KM
Este tramo discorre integramente polo trazado do camiño de Santiago a pé. Á saída de Ourense hai un tramo ascendente (Camiño Real de Cudeiro) que presta lousado de granito, polo que cómpre extremar a precaución.
6ª ETAPA
SAN CRISTOVO DE CEA //CASTRO (DOZÓN)
19 KM
Neste tramo o Camiño sae da provincia de Ourense para entrar na de Pontevedra. Presenta dúas alternativas ecuestres respecto do camiño a pé; a primeira atópase na zona do mosteiro de Oseira e a segunda á chegada ao Castro (Dozón).
7ª ETAPA
CASTRO (DOZÓN) // SILLEDA
35 KM
Á saída do Castro (Dozón) síguese a alternativa ecuestre, co fin de evitar transitar pola N-525, e uns poucos quilómetros máis adiante vólvese incorporar ao trazado a pé do Camiño, Á altura do polígono industrial de Lalín existe outra alternativa ecuestre que conduce ata Bendoiro por camiños locais e, neste punto, únese de novo ao trazado a pé ata chegar a Silleda. Extremar a precaución na zona do polígono industrial.
8ª ETAPA
SILLEDA// PONTE ULLA (VEDRA)
19,3 KM
Neste tramo o Camiño sae da provincia de Pontevedra para entrar na da Coruña. Todo o percorrido realízase polo trazado a pé do Camiño. Desde Silleda, o trazado presenta un perfil descendente ata chegar á Ponte Ulla. Na zona de descenso cara ao río ulla cómpre extremar a precaución.
9ª ETAPA
PONTE ULLA (VEDRA) // SANTIAGO DE COMPOSTELA
21 KM
Este é o último tramo do Camiño de Satiago Vía da Prata – Camiño Mozárabe. Á saída da Ponte Ulla existe unha alternativa ecuestre para evitar a N-525. Posteriormente vólvese incorporar ao trazado a pé do Camiño.
Débense extremar as precaucións co tráfico rodado. Para acceder dacabalo á cidade de Santiago é necesario ter tramitado, con anterioridade, un permiso para poder acceder a ela (Departamento de Tráfico tel. 981 54 23 21 )
10ª ETAPA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
É obrigatorio ter solicitado permiso con antelación para acceder co animal á cidade (Departamento de Tráfico tel. 981 54 23 21) www.santiagodecompostela.org
Só se pode entrar co animal antes das 9:00 horas da mañá. O animal só poderá permanecer na parte histórica durante un tempo máximo de 10 minutos.
Os responsables do animal deberán dispor dun servizo e limpeza que os acompañe.
- Itinerario Ecuestre - Etapas PDF / 74 KB
- KML da ruta KMZ / 78 KB